miércoles, 14 de diciembre de 2011

Non perdades "The artist" ¡¡¡


O venres estréase en España o filme mais premiado en todos os festivais do mundo no 2011 e que de seguro acaparará varias nominación aos Oscars no 2012. Estamos a falar de “The Artist”, un intrépido, insólito e incrible filme que recupera o branco e negro nunha historia que retrata o paso do cinema mudo ao sonoro no glamuroso Hollywood. Como profe de Cultura audiovisual non teño mais remedio que recomendar vivamente o seu visionado neste Nadal. Podería considerarse como un “deber” que vos impoño. O clasicismo e lirismo que destilan as súas imaxes seguro que vos romperán o corazón e sorprenderá ao coñecer qué era o cinema no seu momento de máximo esplendor. Aquí podedes ler unha pequena reseña… E para abrir boca.. o trayler.  Mirade qué marabilla de fotografía nos últimos planos...


domingo, 11 de diciembre de 2011

Primeira longametraxe comercial cun teléfono movil

Como decimos sempre en clase, a tecnoloxía pode axudar na creación audiovisual, pero o importante é a "idea", o relato e o proxecto artístico. En pouco tempo circulará polas salas de cine de todo o mundo un filme comercial enteiramente realizado cun teléfono Nokia N8 -ao que se lle engade unha óptica profesional- e protagonizado pola actriz Gena Rowlands.
Aquí podedes ler a noticia e aquí visitar a Web do filme.
Os primeiros cinco minutos de "Olive".


E aquí  un fragmento do Making off onde podedes ver o curioso artiluxio de gravación coa óptica acoplada a un simple teléfono movil.


jueves, 8 de diciembre de 2011

Os grandes fotógrafos "desnúdanse"

Ise foi o titular do xornal "El Pais" que daba conta dunha serie de 33 documentais de 13 minutos dirixidos polo xenial fotógrafo e cineasta experimental William Klein, no que se recollen os aspectos mais personais e os "entresijos" do xeito de fotografar de 33 grandes fotógrafos do mundo contemporáneo. Podedes ler o artigo completo aquí.

domingo, 4 de diciembre de 2011

Juan Francisco Casas




El artista español Juan Francisco Casas utiliza un simple bolígrafo BIC para dibujar estas maravillosas piezas de arte

viernes, 2 de diciembre de 2011

O pioneiro do cinema en Galicia

Dende hai anos ando na percura de pistas sobre a vida e obra do pioneiro do cinema en Galicia, José Gil.  @s que me coñecen ben  saben da miña teima sobre o personaxe, do que levo escrito  e falado dabondo en foros e publicacións diversas. Hoxe sae no xornal “El Pais” un artigo sintético sobre o grande fotógrafo e cineasta José Gil sustentado por  unha  entrevista que me fixeron a semán pasada. Considero que calquera creador audiovisual galego –e mais sendo alumnos de cultura audiovisual-  debería coñecer o seu nome e traxectoria, por iso traigo aquí a ligazón da do xornal, para que a leades..