miércoles, 14 de diciembre de 2011

Non perdades "The artist" ¡¡¡


O venres estréase en España o filme mais premiado en todos os festivais do mundo no 2011 e que de seguro acaparará varias nominación aos Oscars no 2012. Estamos a falar de “The Artist”, un intrépido, insólito e incrible filme que recupera o branco e negro nunha historia que retrata o paso do cinema mudo ao sonoro no glamuroso Hollywood. Como profe de Cultura audiovisual non teño mais remedio que recomendar vivamente o seu visionado neste Nadal. Podería considerarse como un “deber” que vos impoño. O clasicismo e lirismo que destilan as súas imaxes seguro que vos romperán o corazón e sorprenderá ao coñecer qué era o cinema no seu momento de máximo esplendor. Aquí podedes ler unha pequena reseña… E para abrir boca.. o trayler.  Mirade qué marabilla de fotografía nos últimos planos...


No hay comentarios:

Publicar un comentario