martes, 24 de enero de 2012

Sobre mundos animados

Como prometín hoxe na clase, deixovos unha interpretación alternativa  de "O grito" (1893) de Eduard Munch, realizada polo artista rumano Sebastian Cosor. O animador baseose nas palabras do propio Munch sobre o motivo inspirador do famoso cadro:  "Paseaba por un sendero con dos amigos – el sol se puso – de repente el cielo se tiñó de rojo sangre, me detuve y me apoyé en una valla muerto de cansancio – sangre y lenguas de fuego acechaban sobre el azul oscuro del fiordo y de la ciudad – mis amigos continuaron y yo me quedé quieto, temblando de ansiedad, sentí un grito infinito que atravesaba la naturaleza"


The Scream from Sebastian Cosor on Vimeo.

E como estamos falando de animación aquí tedes unha felicitación atrasada de Nadal realizada en Coruña por Algarabia con cristais de Swarovski. Visitade este blog para que comprobedes o boísimo nivel de animación stop motion en Galicia.




E por non cansar tamén pode facerse animación con area de praia como esta fermosa peza do vasco Benjamin Probanza baseado nun conto de Andersen.



Pero sobre todo, sobre todo, NON DEIXEDES DE VER esta obra mestra dunha rapaza ferrolana (leichedes ben: de Ferrol¡¡¡): Peque Varela, Unha das mais grandes promesas da animación galega... Nista peza pégalle un bó repaso a súa propia vida en Ferrol no barrio de Carranza. De seguro que a algunhas das rapazas da clase vaille molar moito e ao mellor pode ser unha magnífica fonte de inspiración para o voso traballo de clase. En "1977" mestúranse diferentes estilos e xeitos de animación, que converteron ista curtametraxe na mais premiada cinta galega fai un par de anos.


1977 from Peque Varela on Vimeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario